CRTVG

Buscar

O Goberno británico insta os seus cidadáns a que non viaxen por agora a España

Publicado o 24/05/2021 21:08
O Goberno británico insta os seus cidadáns a que non viaxen por agora a España

O Goberno do Reino Unido recoméndalles aos seus cidadáns non visitar España, a pesar de que o Goberno español abriu as portas aos turistas británicos.

Segundo o Goberno británico, España segue sen cumprir os criterios de seguridade sanitaria, e por iso permanece na listaxe ámbar do coronavirus. A recomendación pasa por non viaxar a estes territorios se non é estritamente necesario.

Os que decidan vir igual de vacacións a España, deberán gardar corentena ao chegar de volta ao Reino Unido, unha situación que frea a chegada de turistas británicos.

Noticias web

24/05/2021