CRTVG

Buscar

O Goberno belga estuda introducir a xornada laboral de catro días sen reducir horas

Publicado o 11/10/2021 21:03

O Goberno belga estuda introducir a xornada semanal de catro días de traballo. A medida formaría parte dunha ampla reforma coa que aportar máis flexibilidade ao mercado laboral, pero non implicaría menos horas de traballo. 4 días á semana, pero hora e media de traballo máis cada día. Non habería reducións no total semanal, seguirían a ser 38 horas nun contrato a tempo completo en Bélxica.

O partido liberal, que lidera unha coalición de goberno de sete formacións, traballa nesta idea. Pero de momento non ten o apoio de tódolos seus socios. Tampouco dos sindicatos, que defenden recortar as horas de traballo e non desprazalas a outros días a cambio dunha xornada menos. Ademais, os pais separados poderían alternar as semanas de 4 ou 5 días laborables.

Os liberais do primeiro ministro belga queren máis flexibilidade no mercado laboral do país e tamén estudan exonerar no pago das cotizacións aos autónomos que contraten un asalariado ou reducir as horas consideradas como nocturnas para abaratar os custes das empresas.

Noticias web

11/10/2021