O Goberno asina cos axentes sociais o acordo para prorrogar os ERTE
Publicado o 27/05/2021 15:55
Na outra vertente da pandemia, a económica, tamén hai noticia: esta mañá, Goberno e axentes sociais asinaron unha nova prórroga dos ERTE, a quinta.
Estenderanse, deste xeito, ata o 30 setembro. As negociacións apuráronse ata o último minuto, polas discrepancias entre a patronal e o ministro José Luis Escrivá nas exencións ás cotas da Seguridade Social.
No acto tamén participou a ministra de Traballo, Yolanda Díaz, que recibou a alta médica esta mesma mañá. Ás catro e media, o Consello de Ministros ratificará unha medida que afecta, actualmente, 570.000 traballadores.