O Goberno asegura que a chegada das vacinas está garantida malia o temporal
O Goberno fai balance da situación xerada polo temporal de neve. Pide aos cidadáns cautela e paciencia, xa que os traballos de despexar as vías serán aínda "laboriosos". E despois da borrasca Filomena, advirten, chega un vaga de frío extremo con temperaturas de ata dez graos baixo cero en zonas do centro e noroeste de España. Piden precaución.
José Luis Ábalos, ministro de Transportes: "Seguen quedando horas moi complicadas, todos os medios do Ministerio están activados, o temporal non acabou e desprázase cara ao noroeste".
Insisten no Goberno en que traballan, ademais, para garantir os traslados, a almacenaxe e a distribución das vacinas ante esta "situación excepcional". E búscanse alternativas para facelo.
Fernando Grande-Marlaska, ministro do Interior: "Temos unha alternativa a Barajas, que é Vitoria, e preparada a loxística para o traslado das vacinas por estrada desde Vitoria a Madrid".