O Goberno arxentino endurece as restricións ante o avance da pandemia
Publicado o 15/04/2021 08:51

O aumento de casos de covid−19 na Arxentina levou o Goberno arxentino a endurecer o toque de recollida na área metropolitana de Bos Aires. Desde as oito da tarde ata as seis da mañá estará prohibido circular e os comercios só poderán abrir de 9 a 19 horas.
O presidente Alberto Fernández comunicou tamén que desde o luns que vén e no que queda de mes volven ao ensino telemático en todos os niveis educativos e quedan supendidas as actividades recreativas, sociais, culturais, deportivas e relixiosas en lugares pechados.
O anuncio foi seguido de cazoladas de protesta en diversos barrios. O martes, A Arxentina rexistrou o seu máximo de contaxios de coronavirus, máis de 27.000 nun día. Nas últimas 24 horas 368 persoas morreron con covid−19.