CRTVG

Buscar

O goberno arxentino combaterá con máis policías o ascenso da criminalidade no gran Bos Aires

Publicado o 06/09/2020 19:27

O Gran Bos Aires é a rexión máis densamente poboada da Arxentina e a máis afectada pola COVID-19. Unha realidade á que se suma a crecente inseguridade que o Goberno agora trata de paliar.

Case 4.000 novos policías federais patrullarán os municipios limítrofes de Bos Aires. Esta é unha das últimas medidas anunciadas polo Goberno arxentino para combater o ascenso da criminalidade nesta zona do país.

Máis axentes, equipamentos policiais e infraestruturas. Estes son os eixos principais do Programa de Fortalecemento da Seguridade para a Provincia de Bos Aires.

Un plan valorado nuns 400 millóns de euros e dirixido ás rexións onde máis creceu a inseguridade nos últimos meses, marcados polo ascenso do crime e a usurpación de terras.

Es el tema que más nos preocupa hoy en día, más allá de la pandemia, que es sin duda lo que más nos ocupa, el problema de la inseguridad en el Gran Buenos Aires.

O programa tamén inclúe construcións que sumarán 5.000 novas prazas ás prisións bonaerenses.  Todo coa intención de reducir a crecente criminalidade na zona máis poboada da Arxentina

Noticias web

06/09/2020