CRTVG

Buscar

O Goberno aproba un decreto contra a precariedade laboral

Publicado o 08/03/2019 15:00

O Goberno de Sánchez está en mínimos, pero celebrou Consello de Ministros. Aprobou, de novo, decretos sociais, como o subsidio para os maiores de 52 anos. A ministra portavoz comezou a conferencia de prensa facendo unha alusión ao 8-M.

No Consello de Ministros deste venres, o Goberno aprobou unha nova batería de medidas sociais. Recóllense nun decreto lei de medidas urxentes de protección social e de loita contra a precariedade. Recupérase o subsidio para parados maiores de 52 anos e increméntanse as prestacións por fillo para as familias máis necesitadas. Tamén se inclúe a obriga para as empresas de rexistrar o horario laboral dos seus traballadores. A ministra de Traballo tamén anunciou que o goberno descarta modificar antes das eleccións a actual reforma laboral.

Noticias web

08/03/2019