CRTVG

Buscar

O Goberno aproba obras por valor de 398.000 euros no pazo de Meirás

Publicado o 17/03/2021 08:18
O Goberno aproba obras por valor de 398.000 euros no pazo de Meirás

O Goberno aprobou no Consello de Ministros deste martes a contratación de obras por un valor próximo aos 400.000 euros no pazo de Meirás.

Os traballos, xa iniciados, están relacionados con sistemas e servizos de seguridade, reparación e reforzamento na instalación eléctrica e intervencións para manter a integridade do edificio e a conservación do patrimonio cultural.

Esas actuacións están consideradas de urxencia despois de que a xustiza devolvera ao Estado a propiedade do terreo e edificacións e o depósito de bens históricos e artísticos que integran o pazo, situado no concello de Sada.

Noticias web

17/03/2021