CRTVG

Buscar

O Goberno aproba o proxecto para reformar a Lei de pesca marítima

Publicado o 01/06/2021 16:25

O Consello de Ministros aprobou o anteproxecto de lei de pesca sostible. As capturas non poderán exceder o stock biolóxico dispoñible, os descartes estarán prohibidos e fíxanse obxectivos de investigación pesqueira e oceanográfica. Tamén se regulará a pesca deportiva, distinguíndoa da profesional. E o primeiro tres anteproxectos de pesca que ten previstos o Goberno neste lexislatura para substituír unha lexislación con 20 anos de antigüidade.

Luis Planas, ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, cre que "é un paso adiante definitivo desde o punto de vista da sustentabilidade do sector pesqueiro nunha tripla dimensión: unha dimensión ambiental, de manter os recursos que permiten a actividade pesqueira; en segundo lugar, sustentabilidade económica, para facer rendible a actividade dos nosos pescadores; e, en terceiro lugar, social".

Noticias web

01/06/2021