O Goberno aproba o decreto para a exhumación dos restos de Franco
Coa aprobación dun acordo motivado para decretar a exhumación de Francisco Franco o Goberno completa o último trámite para facer efectiva unha das súas medidas estrela. Con todo, o Executivo non lle pon data, á espera de como se resolva o recurso que a familia Franco xa anunciou que presentará no Supremo para paralizar a exhumación. Polo momento, o Goberno dálles de prazo 15 días para que diga onde queren enterrar os restos, e se non o fan, será o Executivo quen decida.
Dolores Delgado, ministra de Xustiza, "Habería que ir, se estamos nese escenario, a que decida o Goberno a través do Consello de Ministros cal é o lugar da inhumación, tendo en conta que na catedral da Almudena non pode ser"
O Consello de Ministros aprobou tamén o proxecto de Lei de educación, que derroga parte da LOMCE. Isabel Celaá, ministra de Educación, "Os efectos da LOMCE son nocivos, Este é un proxecto de lei moi enriquecido pola comunidade educativa e moi apoiado".
Con todo, o Goberno recoñece que a lei educativa quedará en vía morta, porque xa non dá tempo a tramitala nas Cortes.