CRTVG

Buscar

O Goberno apoia unha nova planta de aluminio en Zamora mentres segue sen resolverse a venda da factoría de Alcoa

Publicado o 08/06/2021 13:54
O Goberno apoia unha nova planta de aluminio en Zamora mentres segue sen resolverse a venda da factoría de Alcoa

O Goberno anuncia que financiará a construción dunha planta de aluminio en Zamora mentres segue sen resolverse a venda da factoría de Alcoa en San Cibrao.

Anunciábao a ministra de Industria, Reyes Maroto, un día antes de que os traballadores comecen a rolda de contactos cos posibles compradores da planta de Alcoa. As negociacións van lentas tras non intervir a Sepi no proceso. Un milleiro de postos de traballo seguen no aire.

Noticias web

08/06/2021