CRTVG

Buscar

O Goberno anuncia que o proxecto dos presupostos se aprobará este vernes

Publicado o 08/01/2019 13:03

O Goberno comezará o 2019 aprobando os presupostos. Non ten garantidos os apoios para validalos no Congreso, pero tentará sacalos adiante negociando con todos os grupos. 

Pedro Sánchez, presidente do Goberno: "Imos tender a man tamén a Ciudadanos e ao Partido Popular. A formulación do Goberno sempre foi a mesma: esgotar a lexislatura e chegar ata o ano 2020".

En paralelo aos presupostos, reitera a necesidade de subir os impostos ás rendas máis altas e a grandes empresas.

Pedro Sánchez, presidente do Goberno: "Son reais decretos que se van validar no Congreso en paralelo aos presupostos xerais do Estado".

Cre que haberá un acordo sobre as pensións neste primeiro semestre do ano e defende o diálogo en Cataluña.

Pedro Sánchez, presidente do Goberno: "Aqueles que defenden un 155 perpetuo o que queren é perpetuar a crise en Cataluña e nós queremos resolvela".

Criticou a PP e Ciudadanos polas negociacións con Vox en Andalucía, pola súa posición territorial e por facer oposición con temas como as súas viaxes no avión oficial, que di que responden a razóns de seguridade.

Pedro Sánchez, presidente do Goberno: "O que fixemos sempre é cumprir coas estritas normas de seguridade que nos formula a dirección de seguridade de Moncloa, pero non só pola miña parte, senón polo conxunto de presidentes que me precederon".
 

Noticias web

08/01/2019