O Goberno andaluz prepara unha rebaixa fiscal para o ano que vén
Publicado o 20/08/2019 12:45
O Goberno de Andalucía baixará os impostos para o ano que vén.
O executivo de Juanma Moreno prepara varias rebaixas fiscais, entre elas recortes no tramo autonómico do IRPF e nos impostos de vivenda. Ademais, nesta lexislatura, suprimirán o imposto de Patrimonio. Cando se presenten os orzamentos andaluces de 2020 saberase en que porcentaxe se reducirá cada un destes impostos.