CRTVG

Buscar

O Goberno ampliará aos espazos públicos a obriga de usar máscara

Publicado o 17/05/2020 21:18

Tras a décima conferencia de presidentes desta mañá, o goberno anunciou que nos próximos días se ampliará a obriga de usar máscara nos espazos públicos. Entre as novas medidas que o Goberno estuda aplicar, destacou a de facer extensivo o uso obrigatorio das máscaras máis aló do transporte público.

Salvador Illa anunciaba tamén que decaerán as franxas horarias nos municipios de menos de 10.000 habitantes. O permiso será de aplicación inmediata tras a publicación dunha orde ministerial para todo o territorio.

Os ministros evitaban entrar en polémica coas comunidades autónomas, pero facían unha advertencia. E anunciaban que comezarán a facer públicos os informes de cambio de fase, canda todas as comunidades estean na mesma.

En canto ao reparto de fondos de 16.000 millóns de euros ás comunidades autónomas, aseguran que traballan nunha "proposta xusta". Montero e Illa defenderon novamente o mecanismo do estado de alarma. Para aprobar unha nova prorrogación, din que o diálogo se está a producir con todos os que non se "autoexclúen", en referencia a PP e VOX.

Noticias web

17/05/2020