CRTVG

Buscar

Máis de cinco millóns de españois recibiron a pauta completa de vacinación

Publicado o 03/05/2021 18:57

EFE

O Goberno esperaba alcanzar entre hoxe e mañá os cinco millóns de españois inmunizados coa pauta completa da vacina. A ministra de Sanidade di que é un fito na campaña de vacinación, que, segundo asegura, está collendo velocidade de cruceiro en España.

Horas despois, confirmábase o fito. As comunidades autónomas notificaron este luns un total de 17.130.598 doses das vacinas contra a covid−19 de Pfizer−BioNTech, Moderna, AstraZeneca e Janssen, 766.003 delas durante a fin de semana. Ademais, un total de 5.098.903 persoas recibiron xa a segunda dose a partir da cal se empeza a xerar inmunidade, 409.137 máis que o pasado venres. Isto supón o 10,7 por cento da poboación española. 

O presidente do Goberno Pedro Sánchez celebrou esta noticia. "Vacinar, vacinar e vacinar. Ese é o noso obxectivo e seguimos avanzando para alcanzar a inmunización comunitaria fronte á covid−19. Eu vacínome seguro", sinalou Sánchez. O presidente do Executivo destacou que España alcanzou "unha nova meta", a de 5 millóns de persoas coa pauta completa e máis de 17 millóns de doses administradas.