CRTVG

Buscar

O Goberno activa o Consorcio de Seguros para axudar os afectados

Publicado o 21/09/2021 15:46

Os reis de España estarán pasadomañá na illa da Palma. Filipe VI e Letizia Ortiz coñecerán de primeira man o dispositivo de seguridade e reuniranse cos veciños afectados pola erupción.

O rei segue en contacto permanente co presidente do Goberno, que hoxe abandonará a illa para retomar a súa viaxe a Nova York, adiada pola erupción. Pedro Sánchez asistiu este mediodía á reunión do comité de seguimento, e anunciou que o Goberno activou o Consorcio de Compensación de Seguros para axudar os afectados.

Na conferencia de prensa posterior ao Consello de Ministros, a voceira do Goberno, Isabel Rodríguez, tamén informou que manteñen conversas con entidades bancarias para que poñan a disposición dos evacuados inmobles que teñan baleiros.

Pedro Sánchez, desde a illa canaria, asegurou que a crise "non rematará cando a lava chegue ao mar, senón cando recupere a normalidade e entre todos recuperemos o que esnaquizou o volcán".

Noticias web

21/09/2021