CRTVG

Buscar

O Goberno acorda con ERC reunir "pronto" a mesa de diálogo con Cataluña

Publicado o 03/09/2020 16:25

O voceiro de Esquerra Republicana no Congreso asegura que o seu partido está disposto a negociar os presupostos. Pero antes pide que se cumpran dous requisitos. Primeiro, que o goberno retome a mesa de diálogo en Cataluña a mediados de setembro. E segundo, que Ciudadanos quede fóra do pacto orzamentario. O executivo de Pedro Sánchez comprométese a convocar unha xuntanza coa Generalitat canto antes pero pídelle as formacións que abandonen os vetos cruzados.

"Gobernar é elixir e non sempre a opción máis doada é o convinte ou o mellor. Non é o mesmo pactar con Ciudadanos no que se refire a investimentos en sanidade, educación ou igualdade que con Esquerra Republicana", asegura Gabriel Rufián, voceiro de ERC no Congreso.

"Este goberno non vai elixir para excluir a uns elixindo a outros, Este goberno vai traballar con todos e fai un chamamento por igual a todas as formacións políticas, pedíndolle xenerosidade ao resto para que non se produzan vetos cruzados", advírtelle María Jesús Montero, voceira do Goberno.

Tamén o PNV está diposto a negociar as contas xerais. O seu voceiro no Congreso, Aitor Esteban, considera lóxico que conten co apoio da maioría que permitíu a constitución do actual Goberno. Porén, non se opón a coincidir con Ciudadanos. Pedro Sánchez pechou a rolda de contactos co resto de formacións a través de videoconferencia. O deputado do BNG, Néstor Rego, amosouse partidario de que os presupostos se pacten coas forzas da esquerda soberanista que apoiaron a investidura.

 

Noticias web

03/09/2020