CRTVG

Buscar

O gobernador republicano Abbot asina o proxecto de lei que flexibiliza portar armas en Texas

Publicado o 17/06/2021 08:53
O gobernador republicano Abbot asina o proxecto de lei que flexibiliza portar armas en Texas

Nos Estados Unidos, o estado de Texas permitirá a partir de setembro levar pistolas e revólveres sen ter licenza. Os contrarios a esta flexibilización das armas din que así será máis fácil que se repitan tiroteos coma o que houbo no centro de Austin aínda esta fin de semana, ou o de El Paso, que deixou 23 mortos. Ata o de agora Texas xa permitía levar sen licenza armas longas, como rifles. O proxecto de lei foi asinado polo gobernador republicano este mércores, pero foi aprobado xa a finais de maio.

Noticias web

17/06/2021