CRTVG

Buscar

O gobernador do Banco de España defende o uso de fondos europeos para reformas estruturais

Publicado o 13/01/2021 09:13

O gobernador do Banco de España defende a aplicación de reformas estruturais e un deseño anticipado do proceso de consolidación fiscal. Neste obxectivo, Pablo Hernández de Cos avoga por que os fondos europeos, ademais de incentivar proxectos, axuden a financiar esas reformas. "Desde o meu punto de vista, creo que tamén poden axudar a financiar reformas estruturais. Sabemos que nalgunhas ocasións o principal escollo para a súa aplicación ten que ver coa existencia de custos de transición. Isto é asi. Creo que se pode e creo quer se debe usar os fondos europeos tamén para financiar algúns deses custos de transición".

Noticias web

13/01/2021