CRTVG

Buscar

O gobernador de Nova York anuncia a súa dimisión tras as acusacións por acoso sexual

Publicado o 10/08/2021 18:18

O gobernador de Nova York, Andrew Cuomo, comunicou este martes a súa dimisión tras as alegacións de acoso sexual na súa contra e que foran recollidas nun informe presentado pola Fiscalía Xeral a semana anterior. Cuomo di que asume "toda responsabilidade" polas súas accións. 

A súa renuncia farase efectiva en dúas semanas e a encargada de ocupar o seu posto será a actual vicegobernadora, Kathy Hochul, de 62 anos. Será a primeira muller en asumir o cargo de gobernadora de Nova York.  

Cuomo insiste en que, a pesar de que asume a responsabilidade, na súa mente nunca cruzou "unha liña con ninguén", pero di que non reparou en "como se redebuxaron as liñas". Fala de "cambios xeracionais e culturais" que non foi quen de apreciar e di que "non debería haber escusas".