CRTVG

Buscar

O gasto no supermercado aumentou un 6,4& en 2020

Publicado o 12/02/2021 20:34

En 2020 o gasto no supermercado aumentou 6,4%, así o revela un estudo da consultora Nielsen. Un dos motivos é o encarecemeto dalguns produtos como é o caso da froita e o peixe, e iso sábeno ben os consumidores.

"A verdade é que si, sobre todo na froita e no tema do peixe e incluso na carne si que se nota bastante que gastamos un pouco máis".

Pero tamén mudou o xeito de consumir. Estamos máis na casa, non podemos comer fóra e toca cociñar e mercar máis cantidade.

"Parece que a un agora lle dá máis fame, como estamos na casa encerrados comemos máis". "Eu noteino sobre todo porque as miñas fillas que estaban fóra co confinamento viñeron e estaban na casa". "Gástase máis porque están máis tempo na casa consomes máis, porque agora non hai saídas nin restaurantes nin nada".

O estudo revela que o aumento no gasto tamén está relacionado coa calidade. Optamos por produtos máis caros como pequenos caprichos na casa.

"Hai un tipo de público que si aumentou a calidade de consumo. Merca boas pastas, un bos queixos a un bo chuletón de tenreira ou algo semellante", sinala Arbolita López, que é a dona dun supermercado en Lugo.
"É mellor mercar cousas de calidade e desfrutar. Xa que non podemos ir ao bar nin nada pois polo menos eu que sei".

En xaneiro as vendas en valor do sector dos supermercado subiron máis dun 10% con respecto ao mesmo período do ano pasado cando aínda non tiñamos as restricións da pandemia.
 

Noticias web

12/02/2021