CRTVG

Buscar

O gasto en obra pública, medra un 23% en España e un 2% en Galicia

Publicado o 02/05/2019 23:51
O gasto en obra pública, medra un 23% en España e un 2% en Galicia

Subiu, no primeiro trimestre deste ano, o investimento en obra pública. 

Fíxoo nun 23%, segundo datos da patronal da construción, SEOPAN.

As administracións contrataron ata marzo obras por valor de máis de 5.300 millóns de euros. Un de cada tres euros saíu do Ministerio de Fomento.

SEOPAN explica o incremento polo avance nas obras do AVE e polas citas electorais.

En Galicia, o gasto en obra pública medrou neste trimestre un 2% respecto ao ano pasado.

Noticias web

02/05/2019