CRTVG

Buscar

O Galicia Design Weekend mostra o mellor deseño galego con referentes internacionais

Publicado o 30/07/2021 15:54

Arranca na Coruña o Galicia Design Weekend. Dúas xornadas en que se reunirá o mellor do deseño galego con referentes internacionais. Charlas, exposicións e proxeccións para achegármonos á innovación creativa.

Non hai mellor maneira de construír a cultura que renovándoa. Pero quizais cando se fala de deseño  poida parecer que se fala de algo elitista e caro. Máis a realidade é que forma parte da vida cotiá: carteis, prendas, embalaxes, obxectos de todo tipo cos que convivimos.

Poñer de manifesto a importancia do deseño, para a sociedade e para as empresas, e achegarnos a esa innovación creativa é o punto de partida do Galicia Design Weekend. Dúas xornadas de conferencias, espazos de creación, proxeccións e exposicións que se poden seguir presencialmente ou en liña a través da súa páxina web.

O festival de deseño é un xeito tamén de fomentar a conexión de Galicia co exterior e situarnos na axenda dos circuítos internacionais. Estas xornadas son tamén un avance do que será o gran festival do deseño, o Galicia Desing Week, que está previsto para o vindeiro ano.

Noticias web

30/07/2021