CRTVG

Buscar

O galego Luis Nieto, condenado en 1982 por atracar un banco, gana as primarias de Podemos Madrid

Publicado o 08/12/2020 19:35
O galego Luis Nieto, condenado en 1982 por atracar un banco, gana as primarias de Podemos Madrid

Un galego será o novo portavoz de Podemos na capital de España. É José Luis Nieto Pereira e gañou as primarias con máis do 60 por cento dos votos. A súa candidatura estaba apoiada por gran parte da dirección rexional e nacional de Podemos.

Foi asesor do concello de Madrid durante a alcaldía de Manuela Carmena. Nesa etapa xa recibiu as críticas da oposición porque en 1982 Nieto foi condenado a prisión por atracar un banco xunto con outros independentistas de Loita Armada Revolucionaria.

 

Noticias web

08/12/2020