CRTVG

Buscar

O galego Juan Saavedra pecha o medalleiro español cun bronce en tiro

Publicado o 05/09/2021 08:58
O galego Juan Saavedra pecha o medalleiro español cun bronce en tiro

España acabou os Xogos Paralímpicos con 36 medallas grazas ao bronce acadado na modalidade de carabina tendida 50 metros R6 polo pontevedrés Juan Saavedra. 

Saavedra foi o primeiro deportista que conseguiu a súa clasificación paralímpica e era un dos favoritos nos seus quintos xogos. En Londres xa conseguira a medalla de prata e no Xapón volveu bicar a gloria cun bronce. 

Deste xeito resárcese do cuarto posto na distancia de dez metros, onde quedara cuarto, a só dúas décimas das medallas. Na clasificación, aquela que se lle resistira no Río 2016, foi o terceiro dos 48 participantes e meteuse entre os oito mellores. 

Na tirada final foi superado pola eslovaca Veronika Vadovicova e a sueca Anna Normann e mellorou en cinco décimas o rexistro do francés Cédric Fèbvre.