O galego Carlos Manuel Escribano Subías, nomeado novo arcebispo de Zaragoza polo papa
Publicado o 06/10/2020 15:32

O papa Francisco acaba de designar o galego Carlos Manuel Escribano Subías novo arcebispo de Zaragoza.
Nacido no 1964 na vila coruñesa de Carballo, monseñor Escribano foi bispo de Teruel e deAlbarracín, e é presidente da comisión episcopal para os laicos, a familia e a vida. Tamén é conselleiro nacional de Manos Unidas.