CRTVG

Buscar

O Gaiás acolle a rodaxe de 'Proxecto Emperador', protagonizada por Luís Tosar

Publicado o 07/05/2021 21:40

O Gaiás acolle a rodaxe de cinema galego en plena capital de Galicia, coa nova produción dirixida por Jorge Coira e que leva o título de Proxecto Emperador.

Un filme de suspense onde a mentira e a chantaxe forman parte dunha trama que se desenvolverá en localizacións de Bilbao, Madrid, Budapest, Cuba e Galicia coa producción de Vaca Films.

O conselleiro de cultura non quixo perder a oportunidade de achegarse ata a Cidade da Cultura.