CRTVG

Buscar

O futuro do hóckey galego está garantido con Bruno Saavedra e Jacobo Copa

Publicado o 16/09/2021 13:45

O pasado domingo, o Liceo proclamábase campión da Supercopa de España e parece que o futuro do hóckey galego está garantido. Bruno Saavedra e Jacobo Copa proclamáronse campións de Europa sub 17.

Locen orgullosos a súa medalla de ouro. Bruno Saavedra e Jacobo Copa son o futuro do hóckey galego. Xogan no Dominicos e acaban de se proclamar campións de Europa sub 17 con España. Bruno é a xoia da súa xeración. Na final contra Portugal anotou cinco dos oito goles que lle deron o título a España.

"Cando empezan a entrar goles así nunha final, emociónaste e poste moi contento", comenta Bruno.

Así e todo, trata de non encher moito o peito: "Por gañar o Europeo non podes dicir que eres o rei, tes que seguir traballando para seguir subindo chanzos".

A Jacobo Copa o oficio venlle de seu. É fillo do adestrador liceísta, Juan Copa. Na mesma fin de semana, un acadaba o Europeo e outro a Supercopa. Fundíronse nunha aperta no aeroporto.

"Está moi orgulloso de min, sobre todo por seguir as súas raíces, somos os dous hockeístas e así morreremos".

Jacobo cataloga así o vivido no Europeo: "Unha experiencia inolvidábel, a mellor da miña vida".

Primeiro grande éxito dunha carreira que se promete longa.

Noticias web

16/09/2021