O fútbol feminino fará folga na procura dun convenio xusto
Publicado o 23/10/2019 21:13
E a folga no fútbol feminino xa é oficial. Non se disputará a 8ª xornada de liga, prevista para os días 2 e 3 de novembro. Decisión maioritaria. As xogadoras queren un convenio xusto. Un convenio que recolla días de vacacións, dereito ao paro ou a gozar dun embarazo. Queren condicións laborais dignas. E mesmo non descartan que a folga sexa indefinida.
Á reunión en Madrid, asistiron todas as xogadoras do Deportivo. Están asinando unha temporada histórica, pero iso non quita que loiten polos seus dereitos. No club entenden as súas reivindicacións.