CRTVG

Buscar

O furacán Laura impacta nos Estados Unidos con vento de 240 km/h

Publicado o 27/08/2020 15:31

Laura tocou terra en Cameron, Lousiana, ás 9 da mañá de hoxe, madrugada nos Estados Unidos, como furacán de categoría 4 dunha escala máxima de 5, producindo marexadas ciclónicas catastróficas, vento superior aos 200 quilómetros á hora e inundacións en amplas zonas de Louisiana e Texas, segundo informou o Centro Nacional de Furacáns. Desde aquela, e a medida que avanza cara ao interior, o furacán Laura foise debilitando ata a categoría 2.

Medio millón de persoas foron evacuadas da zona costeira en çambolos dous estados. Aínda que de momento non hai constancia de víctimas, os danos materiais son numerosos, e case 450.000 clientes quedaron sen electricidade en Louisiana e Texas, segundo indicaron as autoridades. As últimas informacións falan de ventos 117 quilómetros por hora.

Agardáse que a tormenta diga perdendo forza a medida que avanza rapidamente terra adentro sobre Louisiana.

Noticias web

27/08/2020