CRTVG

Buscar

O frío aumenta o gasto en calefacción de media un euro cada día

Publicado o 14/01/2019 20:36

Tirar da calefacción nestas semanas pasadas vaise traducir nun euro máis ao día na factura, se falamos de sistemas de gasóleo ou gas natural.

Esta é a valoración sobre un fogar medio galego. Pero a Fundación Axencia Enerxética emprendeu hai tres anos un estudo sobre outros fogares: aqueles onde non hai calefacción, ou non poden acendela porque representa un gasto inasumible para a economía familiar.

A maioría das casas ten moitos problemas de illamento, hai tamén problemas de electrodomésticos que non son os máis axeitados, sistemas de calefacción que xa case nin se usan, pero os que hai tampouco son os máis eficientes.

Segundo o Instituto Galego de Estatística, a pobreza enerxética afecta máis do 16 % da poboación galega, preto de 192.000 fogares non poden permitirse manter a vivenda cunha temperatura axeitada.

Noticias web

14/01/2019