CRTVG

Buscar

O frío non escorrentou aos máis festeiros na noitevella ata a ben entrada a mañá

Publicado o 01/01/2020 13:48

O frío non escorrentou a ninguén na festa de noitevella. A mocidade disfrutou do cambio de década nunha noite especial que comezou coas badaladas no Obradoiro.

A última badalada no Obradoiro daba paso á primeira noite de 2020. Fogos de artificio queu inauguraban a década e unha noite de alegría e celebración.

 "Cos amigos de Santiago, cos que veñen de fóra... É unha noite de reencontros"

Reencontros nunha noite que moitos levan na cabeza e no swing... A xente amoréase nas portas dos pubs. As horas pasan e o que vai xurdindo é o cansazo.

 "Dame o corpo pero mira que hora é.. Xa non quería saír e ainda estou aquí..."

Ás 9 da mañá xa é de día. Pero a luz moitas veces non axuda a atopar aos teus compañeiros...

 "Buf... Uns cantos. Perdímolos. Seríamos sete pero onde van..."

E non andaban tan lonxe.... A de Santiago foi unha noite tranquila, sen incidentes. E de traballo...

TOTAL: "Sí. Hoxe somos nove compañeiros máis. Desde as 7.00 da mañá ata as 13.30"

A noitevella é variada. Xente vestida para a ocasión ou de diario, de aquí ou de acolá.

 "Hai máis xente, podes facer novos amigos. Saíndo na túa vila sempre coñeces a todo o mundo... É sempre o mesmo. Aquí... sitios novos e xente nova"

Ás 10 da mañá os taxis e os zapatos planos xa son un ben prezado.

"Eu mando no meu corpo... O que me pida o corpo. Pasalo ben e agora comer os churros"

Porque os churros semellan ser o destino final de todos os festeiros nesta noite. Nesta cafetería fanos de forma artesanal desde hai 50 anos.

 "Falemos que desde as cinco da mañá estamos sen parar..."

Máis ou menos, 2000 churros servidos. Máis ou menos, 2000 bailes acumulados nos pés...

Noticias web

01/01/2020