CRTVG

Buscar

O frío destes días deixa pegada no peto de agricultores e gandeiros

Publicado o 15/01/2019 15:52

Hoxe nin tan sequera saíu o sol na Limia e o termómetro supera con dificultade o grao positivo. As patacas almacenadas precisan unha temperatura constante que teñen que manter por medio de canóns de calor e sistemas de aire. Este ano, tras tantas xornadas baixo cero, a súa factura de luz supera mensualmente os mil euros. Outro tanto é para a factura do gasóleo.

Unha situación similar é a que pasan os gandeiros. As baixas temperaturas fan que os animais consuman máis enerxía para consevar a calor e iso tradúcese nun maior investimento en forraxes ou pensos.

Con todo, hai cultivos que si agradecen estas baixas temperaturas, é o caso do viño e do cereal, que precisan do frío para madurar e conservarse.

Noticias web

15/01/2019