CRTVG

Buscar

O Frigoríficos do Morrazo comeza a Asobal con derrota na pista do Nava (31-22)

Publicado o 12/09/2021 14:42

No balonmán comezou a Liga Asobal, e fíxoo con derrota do Frigoríficos do Morrazo na pista do Nava. Os cangueses caeron por 31 a 22 nun partido que rachou mediada a primeira metade. Aí abriron os locais unha fenda que xa era de seis goles ao descanso, 17 a 11. E o Cangas non foi quen de reducir esa diferenza malia os goles de Carles Asensio. Rodrigo Pérez, con 9 tantos, e Patoski, coas súas paradas, desequilibraron o encontro.
 

Noticias web

12/09/2021