CRTVG

Buscar

O Frigoríficos comeza a era Natxo Moyano con sete fichaxes

Publicado o 05/09/2019 17:08

O primeiro ao que o Cangas tentará derrotar nesta pista é o Granollers. Comeza a liga Asobal e, un ano máis, o Frigoríficos do Morrazo ten como reto acadar a permanencia. Para conseguila, os xogadores prometen traballo, pero tamén que o público vai gozar máis.

O equipo renovouse. Houbo catro baixas e sete novas incorporacións, oito contando o adestrador, Nacho Moyano. Moitas caras novas e algún vello coñecido.

Primeiro partido dunha temporada que supón todo un fito para o club. Será a vixésima do Cangas en Asobal.

Noticias web

05/09/2019