CRTVG

Buscar

O Frigoríficos acariña a sorpresa en Irún e acaba sacando un empate (27-27)

Publicado o 07/02/2021 13:38

Na Liga Asobal, grande empate do Frigoríficos do Morrazo na pista do Bidasoa, o segundo clasificado. O Cangas fixo un partido perfecto liderado polo extremo Dani Fernández con nove goles. Acariñou o triunfo cando a vinte segundos do final Brais tivo a posibilidade de poñer dous goles de vantaxe, pero salvou o Bidasoa o porteiro lalinense Xoán Ledo. E no último segundo o lanzamento de Salinas entrou chorando na meta de Javi Díaz. O empate permítelle ao Frigoríficos manterse fóra dos postos de descenso e demostra que está no mellor momento da temporada.

Noticias web

07/02/2021