CRTVG

Buscar

O fracaso da temporada de rebaixas podería abocar ao peche a metade dos comercios textís

Publicado o 09/02/2021 15:12

O fracaso das rebaixas de inverno complica a situación do comercio téxtil. As vendas caeron un 53 por cento en xaneiro, na peor campaña da historia, polo que moitos negocios quedan sin liquidez para afrontar a próxima temporada.

A patronal do téxtil asegura que o 50 por cento do comercio corre o risco de pechar, o que supón unhas 20.000 tendas en España. O sector téxtil é un dos máis afectados polas restricións: actualmente o 25 por cento dos comercios están pechados ou suxeitos a restricións.

Noticias web

09/02/2021