O forte vento dificultou o rescate dun veleiro en apuros na Coruña
Publicado o 21/03/2021 13:22
O tempo é solleiro e convida a pasear á beira do mar, pero a forza do vento tamén se nota... especialmente nas zonas costeiras.
Unha mostra atopámola na Coruña, na zona das Durmideiras. Un veleiro de bandeira estranxeira quedou sen máquina e tivo que ser auxiliado por unha embarcación de Salvamento Marítimo.
As condicións meteorolóxicas dificultaron moito o rescate, pero finalmente puido completarse.