CRTVG

Buscar

O Foro Económico de Galicia propón crear un ecosistema de empresas de tecnoloxía financeira en Galicia

Publicado o 15/07/2020 15:44

O Foro Económico de Galicia propón potenciar o apoio ás empresas Fintech, un sector que une entidades financeiras e tecnoloxía para ofrecer aos clientes servizos máis rápidos e seguros.

Dende o foro económico destacan que é un sector moi puxante tras a perda de relevancia do diñeiro en efectivo no escenario poscovid.

Recomendan configurar un ecosistema especializado na nosa comunidade con financiamento público-privado que favoreza o emprendemento e o desenvolvemento de proxectos neste sector.

Luís Otero, profesor de Economía Financieira da USC, asegura que o hub Fintech podería axudar a crear emprego de calidade, a fixar poboación e a atraer talento a Galicia.

Noticias web

15/07/2020