CRTVG

Buscar

O FMI pídelle a España axustes nas contas públicas

Publicado o 10/04/2019 20:07
O FMI pídelle a España axustes nas contas públicas

O Fondo Monetario Internacional pídelle a España axustes nas contas públicas para salvagardar o pago das pensións. O organismo advirte do risco de manter os actuais niveis de débeda pública e recomenda reducir o déficit para ter marxe co que afrontar unha eventual recesión.

Neste sentido, reclama medidas compensatorias para sufragar a suba do gasto en pensións tras o abandono do sistema de revalorización que aprobara o goberno de Rajoy.

Noticias web

10/04/2019