O FMI alerta de que a baixada do paro se estanca
Publicado o 09/04/2019 23:52

O Fondo Monetario Internacional alerta dun estancamento na redución do paro en España. O organismo calcula que, despois de 6 anos de creación de emprego, a taxa de paro baixará este ano ata o 14%, unha cifra que non se moverá en 2020.
O FMI rebaixa tamén unha décima a súa previsión de crecemento para España, que queda este ano no 2,1%, aínda que seguirá por riba da media da zona euro.