O final da campaña en Cataluña vén marcado polo veto dos independentista a un pacto con Illa
Cataluña afronta a recta final da campaña electoral, marcada polo veto dos partidos independentistas a Salvador Illa.
Todas as formacións independentistas comprometéronse por escrito a non pactar un goberno co candidato do PSC, sexa cal sexa a correlación de forzas que saia dos resultados do domingo.
Para Salvador Illa, este veto é un exemplo da confrontación que busca o soberanismo, e amosaría a estratexia de todos contra el.
O presidente do Parlamento catalán, Roger Torrent, de Esquerra, explicábanos esta mañá que ese cordón sanitario reflicte a distancia que os separa dos socialistas.
Roger Torrent, número 3 de ERC por Barcelona: "Está moi lonxe das políticas que queremos en Cataluña, e amais este PSC foi imprescindible para aplicar o 155. É imposible que acordemos nada".
Salvador Illa, Candidato do PSC á presidencia da Generalitat: "É a foto de Colón do independentismo. Teñen que pasar páxina dunha vez".