O fin de ano adiántase en varias vilas
Publicado o 31/12/2019 14:56
Non hai que ir a Sidney ou Singapour para celebrar o fin de ano antes. En Vilagarcía é case unha tradición máis do Nadal. Música, cabezudos e centos de pesoas. Aquí repartiron máis de 400 quilos de uvas e 20 de lambetadas.
A festa sempre tira. Neste caso, festa á mañá e festa á noite. En Sanxenxo, a música púxoa unha charanga. Un cento de persoas tamén festexaron por adiantado.
Chocolate, gorros, un espumoso para brindar e queima de calendarios.
O exemplo contáxiase e xa son varias as vilas que se apuntan a comer as uvas por duplicado. Onte á noite fixérono en Cuntis; hoxe á mañá houbo celebración en Ames, Pontevedra, Pontecaldelas ou Marín.