CRTVG

Buscar

O Festival "Vive Nigrán", o primeiro despois do confinamento

Publicado o 19/07/2020 17:01

A pandemia obrigou a suspender moitos festivais, pero non todos. Un dos que resistiu foi o Vive Nigrán. Iso si, desenvolveuse nunhas condicións atípicas.
Xa o ven: con público sentado por grupos ubicados a distancia e con asistentes ataviados con máscaras que saben que dende hoxe son obrigatorias. Mais a pesar destes requisitos os espectadores esgotaron as entradas para ver a artistas como Anni B. Sweet, Villanueva e Rufus T. Firefly que puxo o colofón a esta cita.

 

 

 

 

Noticias web

19/07/2020