CRTVG

Buscar

O Festival Sinsal regresa á Illa de San Simón e recupera o cartel segredo

Publicado o 23/07/2021 21:34

Con cabida reducida a 500 espectadores cada día e coas medidas sanitarias correspondentes, pero si, chega o agardado momento.

Para a compostelá Elba é a súa primeira vez en Sinsal e faino subida ao palco principal. O pop de penumbra desta artista graduada en violín e canto lírico foi unha das sorpresas do primeiro día.

O festival medra cara a outros espazos: un concerto a bordo dun catamarán previsto para a xornada do sábado e un palco virtual que se activará nas redes sociais de Sinsal a medianoite.

O cartel, como é tradición en Sinsal San Simón, é segredo. Tan só se sabe que o 70% das bandas que participan están lideradas por mulleres.

Noticias web

23/07/2021

Máis sobre Redondela