CRTVG

Buscar

O festival de poesía Alguén que respira axita Santiago con linguas e palabras

Publicado o 18/09/2020 16:22



Eran as palabras de Luz Pozo Garza. Na primavera, a poeta ía ler o manifesto do festival Alguén que respira. O festival foi aprazado e a poeta morreu.

O seu pasamento converteuna en memoria que este sábado vai ser axitada con audiovisuais e lembranzas

Un torrente de palabras que comezará pola mañá con regueifeiras como Lupe Blanco e Josiño da Teixeira.

E continuará co Corpus literario de Anton Lopo, con sete performeiros como Paulinha ou Lupita Hard.

Despois de anos de certo silencio, Lupe Gómez, unha voz imprescendible, volve para o recital inaugural, en que se escoitará a Manuel Rivas, a estremeña Ada Salas, a catalá Blanca Llum, a vasca Beatriz Chivite e o portugués Renato Filipe Cardoso

O domingo tres poetas decretan O Estado en catalán da Poesía: Adriá Tárrega, Pol Guash e Pau Vadell.

E do festival Vociferio de Valencia vén David Trashumante coa súa erupción de palabras.

Un Teatro Principal tomado dende as butacas ao galiñeiro por Samuel Solleiro, Carlos Quiroga, O Leo ou María Lado.

Celso Fernandez Sanmartín estrea Sentadas na beira do escenario cos pés colgados e Pornós Farts. Arte con maiúsculas.

Máis estreas hai o luns, último día. Saen a escena Rosalía Fernández Rial, Lara lopez e Rafa Lobelle
Pablo Fidalgo dialoga co desaparecido Francisco Cortegoso.

Rompente pregúntase Que hostia din os rumorosos?

E a escritora María Reimóndez e a música Mercedes Peón presentan Linguas elementais.
Todo nun festival para Algúen que respira.



 

Noticias web

18/09/2020