O Festival de Cine de Ourense remata este domingo coa entrega de premios aos filmes gañadores
O acoso escolar visto dende a ollada dunha nena que se debate entre axudar ao seu irmán maior, vítima deste acoso, ou gardar silencio, como el lle pide, e integrarse. É o argurmento de Playground, a primeira longamentraxe da belga Laura Wandel, gañadora da calpurnia a mellor película.
Un xurado que elixiu como mellor guión o da película Listen que relata a loita duns pais para evitar que lle quiten os seu fillos. O drama que viven os migrantes no Mediterráneo foi o filme elixido polo público. Unha historia que relata como naceu o buque Open Arms e que hoxe se estrea nas salas comercias.
O OUFF acolleu a proxección de máis de 70 películas, 16 delas estreas. Os organizadores destacan a aposta polo cinema galego e a internacionalización.
Produción mexicanas como a de Uzi sobre un sicario retirado, premio especial do xurado. A estrea da última película de Dani de la Torre porá o broche de ouro a esta edición do festival. O OUFF non rematará ata o domingo coa proxección das películas gañadoras.