O Festival de Cans presenta a súa programación
Publicado o 25/08/2020 14:46
Volverán ruxir os chimpíns no festival de Cans, aínda que só sexa para pequenos paseos de artistas, convidados e premiados.
Cambio de datas, actividades con rexistro de asistentes e entradas limitadas para un festival que será diurno e que antepón a seguridade. Por iso, os galpóns dos veciños de máis idade estarán este ano pechados.
O programa deste Cans especial acolle a estrea na pantalla grande de A illa das mentiras, a primeira longa da directora e guionista Paula Cons, concertos como o de Amaro Ferreiro, seccións novas e unha homenaxe a Chano Piñeiro no 25 aniversario do seu falecemento coa presenza do realizador galego máis internacional, Óliver Laxe.