CRTVG

Buscar

O Festival de Cans fai 18 anos como referencia cultural

Publicado o 18/08/2021 16:09

O Festival de Cans, que promove o audiovisual galego, chega á súa maioría de idade. A edición deste ano, a número 18, celebrarase entre o 1 e o 4 de setembro e recoñecerá nomes clave do sector, como o director e guionista Jorge Coira ou o actor Tamar Novás.

O conselleiro de Cultura comprometeu o apoio da Xunta de Galicia ao audiovisual como un dos referentes da industria cultural.

Noticias web

18/08/2021