CRTVG

Buscar

O Festival da Luz celebrarase o 6,7 e 8 de setembro en Boimorto

Publicado o 12/04/2019 15:33

Da man de Luz Casal e dos seus numerosos patrocinadores, a música regresará a Boimorto os días 6, 7 e 8 de setembro, coincidindo, coma sempre, coa colleita, porque se de algo se enorgullece o Festival da Luz é do seu carácter rural.

Rural e ecléctivo, porque neses 3 días mesturaranse grupos galegos como Basanta ou Rif Raf, bandas clásicas como Celtas Cortos, Amparanoia ou os islandeses Gus Gus, e tamén grupos novos como Molina Molina ou o Putochinomaricón.

Non faltará tampouco, o sábado na mellor hora, a Banda de Música de Arzúa. Os beneficios irán destinados este ano ás asociacións Anxiños e ASANOG.








 

Noticias web

12/04/2019